Mamalúa

Unha forma diferente de xogar e de aprender, con Mamalúa

Benvidas ao meu espazo virtual! Se estás aquí, é porque queres coñecer Mamalúa.

Nesta páxina preséntome, cóntoche a historia deste proxecto e tamén cal é a nosa filosofía.

Cando estudaba para ser profe de Secundaria de Educación Física, nunca imaxinei que a miña vida me traería a este lugar que con tanto amor deseñei para todas: Mamalúa.

O meu día a día é este espazo creado para as mamás de Ourense e, por suposto, doutros lugares… ¡Todas son benvidas!

Visítame en Mamalúa, e contareiche máis sobre o que temos nesta tenda lúdica: xoguetes artesanais, roupa divertida, libros de temáticas escollidas, complementos e moitos artigos máis.

Pero Mamalúa non é so unha tendiña. É tamén un espazo educativo no que organizo actividades e obradoiros para mamás e pequenos.

Mamalúa foi a historia da miña conciliación. Cando tiven a miña filla, no ano 2015, non atopaba na miña cidade, Ourense, os productos que eu desexaba para ela. Procuraba que foran diferentes, producidos de forma ética e sostible. Ante este baleiro, decidín dar eu o paso.

No ano 2016 nace Mamalúa, despois de moito traballo e esforzo. Pero tamén de moita alegría, xa que grazas a este proxecto conseguín a conciliación que precisaba para ver medrar a miña filla. 

Todo comezou con xoguetes, roupa e libros, pero pouco a pouco iniciamos os obradoiros e as actividades: talleres de contacontos, manualidades, talleres puntuais de pedagoxías alternativas…

Con Mamalúa o que quero é traer a Ourense unha forma de xogar e de educar diferente, onde os protagonistas sexan os nenos e as nenas. 

¿Queres coñecer as claves da filosofía Mamalúa?

Tenda lúdica

Espazo educativo

Traballamos con...

Algunha dúbida?

0
Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?